Páginas

O Sistema BRAVA

Un día picoume a curiosidade de como un tren cambia de ancho de vía para aproveitar e rodar polas novas vias do AVE, o ancho das vías normales é de 1.668 mm por 1.435mm que teñen as que usa o AVE.
Aquí a explicación de este sinxelo sistema.
O Sistema Universal de Rodaxe Desplazable Brava (Bogie de Rodaxe de Ancho Variable Autopropulsado) desenvolvido por CAF, permite aos vehículos ferroviarios adaptarse a calquera ancho de vía e sobre a marcha, en só 3 segundos.
Este novo sistema de rodaxe desenvolvido por CAF pode aplicarse a calquera tipo de tren, independentemente da súa orixe e tecnoloxía.
Con só cambiar os bogies antigos por uns BRAVA, os trens que hoxe en día circulan poden transformarse en trens de rodaxe desplazable e circular a unha velocidade de ata 290 km/h. O sistema BRAVA superou favorablemente os ensaios en vías de ancho UIC (AVE).

Como funciona BRAVA?
O Sistema Universal BRAVA consiste en dous conxuntos de rodas que poden desprazarse lateralmente, de forma preestablecida, sobre un corpo de eixo non rotativo.
Durante a circulación, a acción dun dobre mecanismo de seguridade impide o movemento lateral das rodas. Este mecanismo só pode ser desactivado, de forma automática nas estacións de cambio de ancho.
A separación entre rodas conséguese mediante un mecanismo de bloqueo-desbloqueo, accionado automaticamente durante o proceso de cambio de ancho.




Homenaxe a Miguel Anxo González Suárez

O que fora porteiro do Real Madrid, Miguel Anxo dá nome as instalacións de fútbol de Os Remedios.Ourense

O ex xogador do Real Madrid, club ao que defendeu durante dezaoito tempadas, recibíu deste modo unha homenaxe por parte da cidade da que partiu en 1968 para recalar no conxunto branco.
Miguel Anxo descubriu unha placa co seu nome na tribuna do campo dos Remedios nun acto no que estivo acompañado polo alcalde da cidade, o socialista Francisco Rodríguez, e do edil de deportes, o nacionalista Xosé Fernando Varela.
Outros destacados ex xogadores do Real Madrid como Amancio Amaro, Antonio Ruiz, Zunzunegui, Carlos Alonso Santillana ou Fernando Hierro estiveron tamén no acto.
O veterano ex futbolista recordou, nun emotivo discurso o empeño do seu pai Luís González e do entón adestrador, Luís Soria, para que aceptase viaxar a Madrid a realizar unha proba polo equipo merengue.
"Fai xa diso 43 anos. De non ser por iso, se non me levan a Madrid, a miña vida non cambiaría do modo no que o fixo. Foi unha sorte que ambos se empeñasen en que fose xogador do Real Madrid", afirmou.
Miguel Anxo, dixo tamén, que sempre se sentíu "moi galego e moi ourensán", aínda que apuntou que "foi na capital de España, tal vez pola morriña que sentía, onde estudei galego nos inicios dos 70".
"Tanto presumía de galego que ata me fixen uns cartóns de visita coa bandeira de Galicia, algo que entón non estaba moi ben visto. Aquilo ata me orixinou algún desgusto co meu pai que temía que puidese prexudicarme deportivamente", agregou.
Miguel Anxo gañou todos os títulos posibles co Real Madrid "excepto a Copa de Europa, que se me resistiu" aínda que ten no recordo unha final ante o Liverpool.
Pola tarde fixo o saque de honra, nun partido de fútbol indoor que disputarón o Real Madrid e o Deportivo da Coruña.