Páginas

o ridículo da SGAE



As barberías catalás puxéronse ao choio para enfrontarse á esixencia da Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE), que lles cobra ao redor de 30 euros ao trimestre por permitirlles ter unha radio acendida nos seus locais.

Así, o pasado luns iniciaron unha campaña na que pedían aos clientes que acudisen coa súa propia música ao local. Ademais, centenares de barberías e centros de estética da cidade de Barcelona, Sabadell (Barcelona) e Lleida colgaron carteis co lema: "A partir de agora cando veñas á barbería... non esquezas traer a música da casa ¡¡¡Ah, e todo orixinal!!!".

A estas manifestacións uníronse os presentadores do programa Buenafuente. Entre eles, Ana Morgade protagonizou un momento estelar facéndose pasar por unha peluqueira chamando á SGAE. Durante o vídeo que se emitiu, a presentadora pregunta á persoa da SGAE que está no outro lado da liña que ten que facer para porse ao día con eles.

Durante a chamada, a persoa da SGAE infórmalle que ten que pagar cerca 30 euros ao trimestre por poder acender a radio no seu local, ao que a presentadora indícalle que as propias emisoras de radio xa pagan unha licenza para poder emitir publicamente. Desde a SGAE, indícanlle que ata os taxistas tamén deberían facelo, pero que de momento é algo no que non entraron.

Morgade ademais pregunta: Pero por que pago, polas cancións ou por pór a radio? A súa interlocutora contéstalle: "Por pór a radio".

fuente: http://www.público.es