Páginas

Homenaxe a Miguel Anxo González Suárez

O que fora porteiro do Real Madrid, Miguel Anxo dá nome as instalacións de fútbol de Os Remedios.Ourense

O ex xogador do Real Madrid, club ao que defendeu durante dezaoito tempadas, recibíu deste modo unha homenaxe por parte da cidade da que partiu en 1968 para recalar no conxunto branco.
Miguel Anxo descubriu unha placa co seu nome na tribuna do campo dos Remedios nun acto no que estivo acompañado polo alcalde da cidade, o socialista Francisco Rodríguez, e do edil de deportes, o nacionalista Xosé Fernando Varela.
Outros destacados ex xogadores do Real Madrid como Amancio Amaro, Antonio Ruiz, Zunzunegui, Carlos Alonso Santillana ou Fernando Hierro estiveron tamén no acto.
O veterano ex futbolista recordou, nun emotivo discurso o empeño do seu pai Luís González e do entón adestrador, Luís Soria, para que aceptase viaxar a Madrid a realizar unha proba polo equipo merengue.
"Fai xa diso 43 anos. De non ser por iso, se non me levan a Madrid, a miña vida non cambiaría do modo no que o fixo. Foi unha sorte que ambos se empeñasen en que fose xogador do Real Madrid", afirmou.
Miguel Anxo, dixo tamén, que sempre se sentíu "moi galego e moi ourensán", aínda que apuntou que "foi na capital de España, tal vez pola morriña que sentía, onde estudei galego nos inicios dos 70".
"Tanto presumía de galego que ata me fixen uns cartóns de visita coa bandeira de Galicia, algo que entón non estaba moi ben visto. Aquilo ata me orixinou algún desgusto co meu pai que temía que puidese prexudicarme deportivamente", agregou.
Miguel Anxo gañou todos os títulos posibles co Real Madrid "excepto a Copa de Europa, que se me resistiu" aínda que ten no recordo unha final ante o Liverpool.
Pola tarde fixo o saque de honra, nun partido de fútbol indoor que disputarón o Real Madrid e o Deportivo da Coruña.