Páginas

A insurxencia iraquí hackea as bombas de EEUU


A insurxencia iraquí conseguiu hackear os avións non tripulados que EEUU emprega para bombardeos. Cun pequeno software, os rebeldes levan preto de dous anos sabendo de antemán onde pensan lanzar as súas bombas os norteamericanos.

O logro dos iraquís supón un golpe dobre para a intelixencia de EEUU. Por unha banda, segundo informa o diario The Guardian, o programa que empregaron para meterse no cerebro dos avións non tripulados está á vista de todo o mundo e custa uns 17 euros.

Por outro, EEUU utiliza este tipo de arma para bombardear supostos campamentos da insurxencia tanto en Iraq, como en Paquistán e Afganistán. A brecha aberta polos iraquís podería ser empregada polos talibán.

Segundo o diario, os insurxentes interceptaban vídeos en directo dos avións a través de transmisores de EEUU, revelando os posibles obxectivos. Segundo o Exército estadounidense, o sinal xa foi descuberta e hase codificado de maneira que non se poida acceder a ela.

O problema saíu á luz despois de que EEUU atopase estas gravacións en moitos portátiles requisados aos rebeldes durante os dous últimos anos.

A través de programas como Skygrabber, a insurxencia conseguía descargar as gravacións e adiantarse aos ataques.

EEUU coñecía a vulnerabilidade do sistema, pero non cría que a insurxencia tivese a tecnoloxía para poder acceder a este tipo de programas.

Información de:Público.es