O encoro de Tibi sitúase no municipio do mesmo nome, na provincia de Alacante, España.
É un dos máis antigos de Europa, pois comezaron as obras en 1580 dirixidas por Juan Bautista Antonelli por mandato do rei Felipe II na canle do río Verde ou Monnegre. Aínda que sufriu unha importante rotura en 1697, entrou de novo en servizo en 1738. foi declarada Ben de Interese Cultural coa categoría de Monumento pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Comunidade Valenciana.
Sitúase sobre unha superficie de 50 hectáreas e ten unha capacidade máxima de 2 hm³. É unha presa de gravidade cunha altura de 46 m e unha lonxitude en coroación de 65 m.
Este encoro pertence ao Sindicato de Regas da Horta de Alacante, que ten a súa sede na localidade de Muchamiel, quen o xestiona para a rega pola canle da Horta. Administrativamente está incluído na Confederación Hidrográfica do Júcar.
Todas las imágenes se encuentran bajo la licencia Creative Commons BY-NC-SA 3.0